lunes, 6 de mayo de 2013

AS LETRAS GALEGAS NA ESCOLA

Parece que todo se prepara...

Chega a semana da celebración das Letras Galegas e comezan a xurdir viñetas, libros e letras que dan vida á escola.

Semella tamén que imos coñecer a Roberto Vidal Bolaño a través dun telexornal preparado polas nosas compañeiras e compañeiros e coñeceremos a "Xáxara, Peituda, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamón".

Isto ponse interesante...

Para ir traballando e coñecendo algún dato sobre Roberto Vidal Bolaño, a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas, podedes consultar os seguintes enlaces:

SEMINARIO GALÁN

PÁXINA OFICIAL

GALIPEDIA

Mentres tanto parece que na vindeira semana nos atoparemos con diferentes actividades que nos achegarán á vida deste autor e de moitos outros escritores e escritoras galegas que foron protagonistas en anos pasados...

Para elo, seremos nós mesmas quen iremos contando historias, recitando poemas e coñecendo contos e lendas da nosa contorna e na nosa lingua:  contacontos para os nenos e nenas de infantil, poemas de Uxio Novoneyra e Manuel Maria recitados polas compañeiras e compañeiros de 5º para 4º e 6º curso e cotancontos da clase de 6º para 1º e 2º ciclo.

Agardamos pois novas e acontecentos que se achegan!
Disfrutade AQUÍ, do vivido no tempo das Letras Galegas.





viernes, 22 de marzo de 2013

AS CASAS CONTAN HISTORIAS...

Ola nenos e nenas!!

Aquí estamos de novo dando vida ao noso blog.

Que vos parece o mapa do noso concello? O mapa das parroquias que se atopa na entrada da escola?

É un bó crebacabezas que nos axuda a comprender e coñecer un pouquiño máis do lugar onde vivimos.
Sabiades que en case todas as parroquias do concello viven menos de 25 habitantes por km2?

Que que quere dicir isto? Pois que nas nosas aldeas vive moi pouquiñas persoas...
Si, é algo que estamos a observar e no que algúns nenos e nenas xa están traballando.

Tanto é así que nenos e nenas de cuarto curso, xunto con Paca, remataron as maquetas das súas casas. Algunhas na aldea, outras na vila.

Imos logo a escoitar a historia de cada unha destas casas, testemuñas de pedra da historia das nosas familias e aldeas.

Acompañamos o crebacabezas con fotos e datos doutras rexións do mundo... De aldeas a cidades: México DF, unha das cidades máis poboadas do mundo. Lugo, a capital da nosa provincia ou unha aldea na India, son algunhas das mostras...

Aquí tedes algunhas fotos do traballo feito...


viernes, 8 de marzo de 2013

O TRABALLO DAS NAIS, 8 DE MARZO

Ola nenos e nenas!

Hoxe é o día 8 de marzo, DÍA DA MULLER TRABALLADORA!

Todas as persoas temos a algunha muller nas nosas vidas, non?
Unha mamá, unha avoa, unha amiga, unha mestra...

Que me contades do traballo das nais e as avóas nas nosas casas? E fóra delas?

Pois ben! Pescudando na rede atopei este pequeno video sobre unha mamá que se chama Sorkunde e que ten moitas, moitas, moitas tarefas que facer. Imos velo e logo falaremos un pouquiño sobre as nosas mamás ou avóas, sobre as mulleres traballadoras nas nosas familias.

Espero que vos guste moito!!


lunes, 18 de febrero de 2013

A electricidade paso a paso.

Ola nenos e nenas!

Uns días atrás o grupo de 4º falounos sobre os dinosaurios. Serán agora as compañeiras e compañeiros de6º, @s que compartirán con nós o decuberto sobre a electricidade.

Parece ser que foi en 1752 durante unha tormenta cando unha persoa chamada Benjamin Franklin descubriu que era posible atrapar a enerxía eléctrica...

Interesante, non?
Pois será a clase de 6º quen fale sobre este tema na aula das TIC para o 2º e o 3º ciclo.

Ademais traballaron sobre este tema na práctica e presentarannos os circuitos eléctricos feitos por el@s mesm@s.

Espero que vos guste moito!

Aquí tedes as fotos das diferentes maquetas elaboradas polo grupo.


As máquinas de 6º - diapositivas
Para preparar estas estupendas maquetas antes precisaron investigar sobre a electricidade e os circuitos eléctricos. Aquí tedes un pequeno documento onde sintetizan o que aprenderon para poder levar á práctica o tema da electricidade.



No blog do Plan Proxecta atopamos o VIDEO DA EXPOSICIÓN do grupo de 6º.

lunes, 4 de febrero de 2013

ACHÉGASE O ENTROIDO!

Coméntanme as mestras que este ano o Entroido da nosa escola falará sobre a época hippie.
Todas as persoas falamos sobre eles e elas, pero...
Sabemos como naceu o movemento hippie?
Onde? Que defendían ou defenden?

Para comezar diremos que é un movemento contracultural, libertario e pacifista que naceu nos anos 1960 nos Estados Unidos aínda que progresivamente se expandeu a outros lugares de todo o mundo.

Os valores que promove a cultura hippie son un estilo de vida bohemio, a ecoloxí, a paz ou un estilo de vida comunitario. Outra grande característica das persoas hippies é o gusto polas viaxes, de aquí a famosa imaxe da "furgoneta hippie".






Este video explica un pouquiño máis do movemento hippie, espero que che guste!







E un pouco de música! Neste caso John Lennon coa canción "Imagine". Un icono musical da época hippie e constante activista pola Paz.




Espero que vos guste e na próxima semana veremos como se desenvolveu o entroido na escola!

DISFRUTA DAS IMAXES DA CELEBRACIÓN DO ENTROIDO PINCHANDO AQUÍ

WIN - 4007

DINOSAURIOS... TRANSMITINDO O APRENDIDO!!

Aquí temos a presentación que Teresa e os nenos e nenas de 3º fixeron para o 3º ciclo.
Asegúrovos que todas as persoas que estabamos na aula non pestanexábamos coa exposición e o video de Al!

Bueno... Eu... Non son unha persoa... Mmmmm... Bueno, as persoas e os robots!! :-)

Pincha neste enlace e atoparás os videos relacionados!