viernes, 22 de marzo de 2013

AS CASAS CONTAN HISTORIAS...

Ola nenos e nenas!!

Aquí estamos de novo dando vida ao noso blog.

Que vos parece o mapa do noso concello? O mapa das parroquias que se atopa na entrada da escola?

É un bó crebacabezas que nos axuda a comprender e coñecer un pouquiño máis do lugar onde vivimos.
Sabiades que en case todas as parroquias do concello viven menos de 25 habitantes por km2?

Que que quere dicir isto? Pois que nas nosas aldeas vive moi pouquiñas persoas...
Si, é algo que estamos a observar e no que algúns nenos e nenas xa están traballando.

Tanto é así que nenos e nenas de cuarto curso, xunto con Paca, remataron as maquetas das súas casas. Algunhas na aldea, outras na vila.

Imos logo a escoitar a historia de cada unha destas casas, testemuñas de pedra da historia das nosas familias e aldeas.

Acompañamos o crebacabezas con fotos e datos doutras rexións do mundo... De aldeas a cidades: México DF, unha das cidades máis poboadas do mundo. Lugo, a capital da nosa provincia ou unha aldea na India, son algunhas das mostras...

Aquí tedes algunhas fotos do traballo feito...


No hay comentarios:

Publicar un comentario